O PORTUGUÉS ESQUECIDO

O PORTUGUÉS ESQUECIDO

O GALEGO E OS DIALECTOS PORTUGUESES SETENTRIONAIS

SÁNCHEZ REI, XOSÉ MANUEL

39,95 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-8487-561-1
Páginas:
620
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CADERNOS ENSAIO
39,95 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes.
NOTA Á SEGUNDA EDICIÓN
Transcorridos apenas algúns meses desde que este traballo foi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidenciou a necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antes de máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, as cales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre as portas da obra, enveredaron os camiños “d’antre Doiro e Minho” d’O portugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeron amizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao paso que tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadas cuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actual segunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco de ser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia, en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira; caso haxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamente actualizados.
Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar a oportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar con entusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundo lanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máis lonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nada en 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da existencia da editora.
Agra do Orzán,
A Coruña, Febreiro de 2022

Artículos relacionados

  • O CENTO VOANDO
    O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e ami...
    Disponibilidad 3-10 días

    19,95 €

  • TAL COMO FOI, TAL COMO FOMOS
    PREREIRO, XOSE MANUEL
    Este non e un libro de investigación nin un ensaio. Do desastre do Prestige todo se sabe, ou iso cremos, máis non sabemos o quequeda por coñecer. Malia os vinte anos transcorridos dende entón, o xornalista Xosé Manuel Pereiro segue pensando que a meirande marea negra da historia de Galicia provocou un cambio de mentalidade. Un trastorno social transitorio.Estás paxinas, escrita...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,00 €

  • A RETRANCA. UN INTENTO DE CLARIFICACIÓN
    CABALLERO, FÉLIX
    Retranca é hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e d...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,30 €

  • CANDO CHORARON AS CÍES
    DOMINGUEZ, SANTI
    O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar Nunca máis. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura ...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,75 €

  • TEORÍA KING KONG
    VIRGINIE DESPENTES
    Teoría King Kong é un dos grandes libros de referencia do feminismo e da teoría de xénero, un incisivo ensaio no que Despentes comparte a súa propia experiencia para falarnos sen andrómenas nin concesións sobre a prostitución, a violación, a represión do desexo, a maternidade e a pornografía, e para contribuír ao derrubamento dos cimentos patriarcais da sociedade actual. ...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,00 €

  • MATERNIDADES VIRTUOSAS.
    RÁBADE VILLAR, MARÍA DO CEBREIRO
    PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021 Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de a...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,80 €