O LIBRO NEGRO DO GALEGO

O LIBRO NEGRO DO GALEGO

CARLOS CALLÓN

26,95 €
IVA incluido
Disponibilidad 3-10 días
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-1110-119-6
Páginas:
666
Encuadernación:
Rústica
26,95 €
IVA incluido
Disponibilidad 3-10 días
Añadir a favoritos

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Artículos relacionados

  • CHÁMAME SEÑORA, PERO TRÁTAME COMA A UN SEÑOR
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Disponibilidad 3-10 días

    19,70 €

  • CORPOS. AS OUTRAS VIDAS DO CADÁVER
    COUTO-FERREIRA, ERICA
    Un ensaio abraiante sobre a nosa relación coa morte e a experiencia humana co máis aló a través da historia. A nosa relación cos mortos é, por necesidade, unha constante desde que os seres humanos somos conscientes. Pero non todas as culturas, e non en todos os momentos, responderon igual a este problema. A historia da humanidade construiuse sobre momias, esqueletos, corpos pe...
    Disponible en 1 semana

    19,00 €