CAMPOS PICO, RAQUEL
Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución: as mulleres
cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non
poden parar de falar de todo iso. A muller dos nosos días é inquieta e
dinámica, asegura unha crónica. Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido,
que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido, promete a protagonista
dun poema.
Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un
tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna.
Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento
estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa
época.