ANTONIO SILVA, XOSÉ
A mente dun home non pode sobrevivir a un naufraxio. Un home non pode ser o mesmo despois de lle ver a cara á morte, e durante anos non dorme a noite enteira sen espertar cos berros de pánico dos compañeiros, afundidos polas ondas... A muller aguanta, como unha esfinxe, mirando ao infinito, a esa raia invisible onde o gris do mar e o ceo son a mesma cousa, alí onde bate a marusía contra as rochas... Non escoita, só mira o mar. O mar só lle devolve o afastado rumor da marusía...