OS CONTOS DO LOBICÁN

OS CONTOS DO LOBICÁN

MEJUTO, EVA

15,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
BAIA EDICIONS
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-9995-427-1
Páginas:
32
15,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic.
Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que reforza o universo tradicional de referencia sen deixar de poñer solucións relacionadas con tendencias escénicas máis actuais.
***
Lobicán, un lobo pequeno rosmón e inocente, que gusta ler, cantar, tocar música e cociñar mais non estudar e ir á escola, recibe a encomenda de súa nai de levar á casa do avó no bosque unha rica torta de amora e coidarse dos humanos, que só pensan en matalos.
No seu camiño polo bosque ten que fuxir dos animais que gustan do cheiro da torta e coincide con Xiana, unha nena que vai á casa da súa tía cun bote de mel e coa que, logo de superaren cadanseus medos e reservas, inicia unha boa amizade.
Que sorpresas nos depararán xuntos os dous?

Otros libros del autor

  • NEKO
    MEJUTO, EVA
    Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experienci...
    Disponibilidad 3-10 días

    10,80 €

  • A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
    MEJUTO, EVA
    «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de má...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,50 €

  • DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS
    MEJUTO, EVA
    Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina. ...
    Disponibilidad 3-10 días

    13,50 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    Disponibilidad 2-3 días

    13,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprend...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €