VILLAR, DOMINGO
Afilla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde
as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as
mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga
e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza
cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se
recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home
alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia
na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola
de Artes e Oficios.
E, aínda que nada pareza alterarado na casa nin na vida de Mónica Andrade,
Leo Caldas axiña ha comprobar que, na vida coma no mar, a máis apracible das
superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.