LOSADA, XOSÉ RICARDO
Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase.
El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta.
O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo. Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas.
XOSÉ RICARDO LOSADA (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia, e un ano despois gañou o III Concurso de contos Liceo de Noia. Tamén é autor de Dez anos de poesía.
Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), sobre a produción completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, deu ao prelo a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015), e en 2018 Manuel Antonio.
Vida e misterio dun poeta galego. A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en
2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019, e con O rosario
e a buguina a XXXII edición do Torrente Ballester.