MADE IN GALIZA

MADE IN GALIZA

GONZÁLEZ SENDE, XOSÉ LUÍS

16,70 €
IVA incluido
Disponibilidad 2-3 días
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2007
Materia
Literatura Gallega
ISBN:
978-84-7154-091-1
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
16,70 €
IVA incluido
Disponibilidad 2-3 días
Añadir a favoritos

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.



Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.





Podes ver aquí a presentación de Made in Galiza na feira do libro de Vigo, a cargo de Séchu Sende, Carlos Santiago, Carlos Lema e o Galiza Pulgas Circus.






Titulares de prensa
















MADE IN GALIZA

Non sei se este Made in Galiza (Editorial Galaxia, Vigo 2007, de Séchu Sende) vai ser o libro do ano. Se lles digo a verdade, a miña, non teño outra, tampouco me importaría que o fose.Porque é cousa moi seria, moi ben escrita (cunha economía expresiva que manda nabo), reflexiva, con misturas de ensaio e ficción, que se pode ler aos poucos (tamén pouco a pouco) e aos moitos (a grandes grolos, igualmente), que divirte e conmove, que fai pensar, que -mágoa- un lamenta que remate, porque como cantaban Los Módulos, "todo tiene su fin".





E podería seguir argumentando a prol dun libro do que botei man por razóns profesionais mais que axiña pasou ser unha desas lecturas voluntarias ou ventureiras, como os gatos dos que falaba antes e que axiña mudan nos meus "Pet Sounds". Ou sons favoritos, o que pasa é que "pet" vale en inglés tamén para mascota ou animal de compaña. Cuspidiño ao que me acontece cos libros que escollo para que veñan comigo ao corazón do verán.





Outros son eles os que me escollen, así Made in Galiza de Sende; fórmula maxistral, como esa prescripción farmacéutica que no seu libro aparece máis con aplicación idiomática, lóxica nun volume no que o idioma é cerne, protagonista, razón e causa (a parte de que haxa algunha outra historia máis leviá).





E o libro de Sende, co seu aquel de Jonathan Swift, polo irónico, mais tamén polo que o padronés ten de "pamphleteer" que non de panfletario, vai servir para empurrar do galego, ese idioma, xa saben, que anda a asoballar ao español por terra, mar e aire. Ao español e, isto aínda é máis grave, ao inglés porque - como non ignoran- a aprendizaxe da nosa lingua atranca o "learning" do idioma anglicano. Xa verán cando o saiban nos EE.UU.; vannos deixar sen queixo marelo ou leite en pó, aquilo que se tomaba nas escolas do país cando o galego estaba proscrito. Agora que anda coller un pouco de aire non mareen, hom.





Por iso, agora sen retranca, e antes de que tamén teñamos que dicir en cuestións de idioma, "Agora xa foi, Marica non chores", quero recomendar este libro de Séchu Sende. Unha das mellores cousas do que vai de ano; aire fresquiño nun debate actual.





Vicente Araguas


Domingo 26 de agosto de 2007


El Correo Gallego

Artículos relacionados

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros". Con...
    Disponibilidad 2-3 días

    13,50 €

  • A ESMORGA
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970.A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias d...
    Disponibilidad 2-3 días

    15,60 €

  • MERLÍN E FAMILIA
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao l...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,55 €

  • O SOL DO VERÁN
    CASARES, CARLOS
    Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme ri...
    Disponibilidad 2-3 días

    18,75 €

  • Á LUS DO CANDIL
    FOLE, ANXEL
    A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular.A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana...
    Disponibilidad 3-10 días

    17,50 €

  • VENTO FERIDO
    CASARES MOURIÑO, CARLOS
    O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega.A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor....
    Disponibilidad 2-3 días

    15,65 €