TERESA GARCIA-SABELL TORMO
A partir dunha serie de cadernos, escritos entre 1957 e 1980, aos que Domingo GarcÃa-Sabell denominaba Xornal, complementados coas conversas que Siro López Lorenzo mantivo con el ao longo de 1993, neste libro trázanse as liñas que caracterizaron, unha personalidade de variadas facetas.
Nestas páxinas maniféstase a voz e a palabra do eminente médico e destacado membro da xeración de ensaÃstas da primera etapa de Galaxia, da que foi presidente entre 1976 e 1980. Da familia e dos amigos, da actividade cultural ao compromiso polÃtico, que iniciou na súa mocidade, este libro é un textemuño en primeira persoa da vida e a obra de quen foi presidente da Real Academia Galega (1979-1997) e delegado do Goberno en Galicia (1981-1996) nun perÃodo de especial transcendencia, o de inicio das súas instÃtucións polÃticas.