CABALEIRO, ANA
A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunhaflamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior daurbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidadepolo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que seconverte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzasveciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e namanifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro enque habitemos.En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, AnaCabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todashumildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras,opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ouviaxeiras.