SOLÀ, IRENE
Despois de ?Canto eu e a montaña baila?, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de LesGuilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores,bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ouos de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións. Despois do éxito internacional de ?Canto eu e a montaña baila?, traducida amáis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de maxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos