ZANNONI, BERNARDO
Archy é unha garduña. Naceu unha noite de inverno nunha tobeira escura, canda os seus irmáns. A seu pai matouno o home , e súa nai ten que criar soa a camada nun bosque cheo de perigos.
Os animais deste libro sentan a mesa para comer, dormen en camas e acenden o lume cando teñen frio, pero o seu destino réxese polas leis da natureza. Archy fica ferido despois de intentar roubar un niño de xílgaros e, a causa da súa debilidade, a nai véndeo por unha galiña e media. Con el, Archy aprende a ler e a escribr, descobre a morte e a Deus.
Aguilloado por novos desexos e misterios, a súa conduta torna cada vez máis humana, ainda que atrapada polo instinto animal.
Velaquí unha escritura en estado de graza, unha novela atemporal, un clásico instantáneo que ofrece a quen le unha nova perspectiva sobre a existencia, coma se un atribulado personaxe de Camus protagonizase unha pelicual de Pixar.