OTERO CEPEDA, ENCARNA / LEE, PASCALE
«Begoña Caamaño xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».
Con estas palabras, a historiadora Encarna Otero
achégase, nesta terceira entrega da serie Mulleres
en Compostela, á personalidade de Begoña Caamaño autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, a propósito daqueles espazos de Santiago nos que se desenvolveu a súa vida, ilustrados pola sobresaínte acuarelista taiwanesa Pascale Lee. Esta edición conta ademais cun retrato da autora realizado polo afamado artista madrileño Fernando Vicente, ben coñecido pola súas colaboracións no suplemento cultural
Babelia, e cunha fermosa ilustración do galego Miguelanxo Prado, creada especialmente para agasallar a memoria desta escritora
prematuramente desaparecida.