Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : Dombate (Poesía)

10 resultados

  • TRAZO DOBRE
    SÁNCHEZ ABEAL, PATRICIA
    O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...
    Disponibilidad 3-10 días

    14,30 €

  • A DISTANCIA DO SÉCULO
    ÁNXEL HUETE
    Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...
    Disponible en 1 semana

    17,50 €

  • (G).INTRE NO TEMPO:POESIA REUNIDA 1967-2017.(DOMBATE)
    FRANCO GRAND, X.L.
    X. L. Franco Grande adoita incluírse na chamada xeración das Festas Minervais, cuxos trazos distintivos, ademais de nacer entre 1930 e 1940, son estudar na Universidade compostelá, implicarse no galeguismo baixo o liderado de Ramón Piñeiro e apoiar o proxecto cultural de Galaxia. Nesta Poesía reunida inclúense os seus catro poemarios: Entre o si e o non (1967), O tempo á esprei...
    Disponible en 1 semana

    22,90 €

  • (G).CELAXE.(DOMBATE)
    FONTEBOA LOPEZ, MARIA ALICIA
    Celaxe é neboeiro mais tamén esperanza, anuncio, fulgor. En Celaxe esfiáñanse ceos, corpos, mapas. Celaxe propón un rexistro de voces líquidas, de linguas-paxaro, de silencio pedernal. Celaxe é, sobre todo, un corazón en xerundio. ...
    Disponible en 1 semana

    17,00 €

  • BOSQUE
    BLANCO CASÁS, ANTÓN
    En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe. A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese. ...
    Disponible en 1 semana

    12,20 €

  • O TENRO É O SALVAXE
    L. PARÍS, SAMUEL
    Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor. ...
    Disponible en 1 semana

    18,00 €

  • POESIA INEDITA E DISPERSA (LUISA VILLALTA)
    VILLALTA, LUISA
    Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes… Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso cr...
    Disponible en 1 semana

    19,00 €

  • AS FLORES DO BALEIRO
    ROMERO, MEDOS
    "As flores do baleiro" é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre dunha pandemia, a dor en extrema soidade. Tamén é a fraxelidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde "somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan". ...
    Disponible en 1 semana

    14,40 €

  • CUSPINDO MISERIAS
    RODRIGUEZ, NEVES
    Canto pode aguantar un corpo Cada verso de Cuspindo miserias é un berro que dá voz ás dores mudas. Este poemario anda un carreiro escuro, visceral, sucio. Un percorrido para ceibarmos do que nos abafa, pero que deglutimos por medo. Ou por vergoña. Poemas descarnados e crus. Poesía en coiros. Pensamentos feridos en lostregadas que queiman os ollos. Cervexa na vaixela chinesa da ...
    Disponible en 1 semana

    14,90 €

  • DESAPARECER
    GARCIA REGO, PILAR
    desaparecer é a derriba pero tamén a contenda a muda imprecisa cara ao retorno [Este libro foi escrito durante un proceso difícil, trastornado, nun movemento de precesión, expulsivo] En que consiste a valentía ...
    Disponible en 1 semana

    14,90 €