PELAYO, ISABEL
Quen son? Crías de animais é unha colección para inspirar
a curiosidade pola fauna e o coidado da natureza dende
as primeiras idades. Con textos sinxelos e cientificamente
rigorosos acompañados de suxestivas ilustracións,
cada título permite coñecer sete crías dun continente
en forma de adiviña.
Aos primeiros volumes dedicados a África e Europa, súmanse
dous novos títulos, Quen son? Crías de animais - América
e Quen son? Crías de animais - Australia, que van
completando esta proposta de referencia para escolas,
bibliotecas e familias.