MATERNIDADES VIRTUOSAS.

MATERNIDADES VIRTUOSAS.

UNHA CRÍTICA AOS MODELOS PROFESIONAIS DE CRIANZA

RÁBADE VILLAR, MARÍA DO CEBREIRO

16,80 €
IVA incluido
Disponibilidad 3-10 días
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-925-6
Páginas:
164
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
16,80 €
IVA incluido
Disponibilidad 3-10 días
Añadir a favoritos

PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021
Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo. Estes factores contribúen a explicar a transferencia dunha serie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberal ás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempo que tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.

Artículos relacionados

  • O CENTO VOANDO
    O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e ami...
    Disponibilidad 3-10 días

    19,95 €

  • MULLERES ESPONTANEADAS
    ÁNGEL ARCAY BARRAL
    Gañadora do IV Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes) Resultado da investigación de Angel Arcay Barral sobre as nais solteiras de finais do século XVIII, este ensaio presenta os datos sobre a existencia dunha figura xurídica única en Galicia, que abría a porta á normalización da existencia de nais solteiras con todos os dereitos, o que lles permitía vivir a súa sexualid...
    Disponibilidad 3-10 días

    12,00 €

  • CON PONDAL EN BERGANTIÑOS
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    Cando en marzo de 1917 morreu Eduardo Pondal, Francisco Fernández del Riego apenas tiña catro anos. Un meniño moi novo para decatarse da importancia que o escritor de Ponteceso acadara na cultura galega. Andando os anos, os seus camiños culturais cruzáronse innumerables veces, de tal xeito que Pondal se converteu no escritor galego de referencia para Del Riego, no seu admirable...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,00 €

  • TAL COMO FOI, TAL COMO FOMOS
    PREREIRO, XOSE MANUEL
    Este non e un libro de investigación nin un ensaio. Do desastre do Prestige todo se sabe, ou iso cremos, máis non sabemos o quequeda por coñecer. Malia os vinte anos transcorridos dende entón, o xornalista Xosé Manuel Pereiro segue pensando que a meirande marea negra da historia de Galicia provocou un cambio de mentalidade. Un trastorno social transitorio.Estás paxinas, escrita...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,00 €

  • A RETRANCA. UN INTENTO DE CLARIFICACIÓN
    CABALLERO, FÉLIX
    Retranca é hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e d...
    Disponibilidad 3-10 días

    16,30 €

  • CANDO CHORARON AS CÍES
    DOMINGUEZ, SANTI
    O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar Nunca máis. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura ...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,75 €