SCOTT MCCLOUD
Ao longo de 224 páxinas Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias do cómic como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primeiro título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición.