G. BARREIRA, WAGNER
Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo, daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras deixar
a institución, leva unha vida errante polos arredores do porto, punto de partida para tantos galegos, e embarca no vapor Demerara camiño do Brasil, nunha viaxe sen perspectiva e sen vontade, sen saber que ou destino o fai compañeiro de viaxe da pandemia da gripe española. Aquel navío era un pouco como a miña vida. Estaba en movemento, cercado de moita xente, e aínda así só no océano.
Mestura de ficción e feitos históricos, a novela naceu a partir das pescudas do autor sobre as orixes do seu avó paterno, do que pouco se sabe: era vigués, chegou ao Brasil no navío Demerara e morreu o día do bautismo do seu único fillo.
Home e navío son personaxes indivisibles en Demerara, onde o autor fai un traballo minucioso de investigación que proporciona ao libro unha forte base histórica a través dunha escrita potente, elegante e fluída que nos achega a unha época en tempos de pandemia.
WAGNER G. BARREIRA (São Paulo, 1962), é xornalista. Traballou na revista Veja e no
xornal O Estado de S. Paulo e colaborou con TV Cultura, Jornal do Brasil e a
revista Aventuras na História. Foi o primeiro director editorial de medios dixitais
de Editora Abril e profesor de Técnicas de Reportaxe e Teoría do Xornalismo na Pontifícia
Universidade Católica de São Paulo. En 2018, escribiu a biografía Lampião & Maria Bonita:
uma história de amor e balas.