GARCIA BARROS, MANUEL
Entre 1920 e 1932, Manuel García Barros publicou os Contiños da Terra no xornal
estradense El Emigrando, que despois recolleu en libro (1931 e 1952). Un conxunto
de relatos de fonda raigaña costumista, irónicos e humorísticos, onde destaca
a pericia na caracterización dos personaxes populares, e que lle deron gran sona.
Estes relatos foron creados non só como un simple entretemento, senón tamén como
unha ferramenta instrutiva, a través do costumismo e o humor, para afeccionar o pobo
á lectura no noso idioma abríndolle camiño a cousas de máis fondura polas que era preciso
facelo entrar.