RIOS, RUBEN
O 14 de marzo do ano 2020 unha pandemia obrigounos a pecharnos nos
nosos fogares. Eu decidín pasar ese tempo cos meus pais, nacidos os
dous pola década dos 40. Nas súas miradas, no seu rostro de incom-
prensión, comecei a decatarme que empezaba a ser o pai dos meus pais. Unha
sensación que nunca antes sentira. O amor ás raíces dos meus proxenitores,
unido á miña mente creativa, son os motores deste libro. En cada unha das súas
páxinas téntase trasladar todo o que sentín ao entrar nos fogares de cada un dos
protagonistas, tomando como referencia todos os valores que as xentes do noso
rural nos inculcaron para ser o que somos hoxe.