AGOSTO DO 36

AGOSTO DO 36

VALLE INCLAN

FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ

17,60 €
IVA incluido
Disponibilidad 2-3 días
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2008
Materia
Literatura Gallega
ISBN:
978-84-8302-782-0
Páginas:
160
Encuadernación:
Otros
Colección:
Narrativa
17,60 €
IVA incluido
Disponibilidad 2-3 días
Añadir a favoritos

En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.

Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando a partir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intriga e participa desa concepción tan cinematográfica.da narrativa de Ferreiro.

Agosto do 36 é unha pequena xoia que continúa vixente e vivísima unha década despois da súa publicación.

Artículos relacionados

  • A VIAXE DE GAGARIN
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela...
    Disponibilidad 3-10 días

    18,60 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros". Con...
    Disponibilidad 2-3 días

    11,50 €

  • A ESMORGA
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970.A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias d...
    Disponibilidad 2-3 días

    13,50 €

  • A NENA E O GRILO
    BLANCO, MAGÍN
    Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar toda...
    Disponibilidad 3-10 días

    20,50 €

  • A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
    GARCÍA CASTELLANO, ANA
    Antes me leven as almas en pena que darvos un figo da miña figueira! Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto. Adaptación dun relato tradicional español, do que existen diferentes versións, con imaxes de grande forza plástica e colorista que rec...
    Disponibilidad 3-10 días

    14,90 €

  • MERLÍN E FAMILIA
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao l...
    Disponibilidad 2-3 días

    15,75 €

Otros libros del autor

  • ULCIS
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos su...
    Disponibilidad 3-10 días

    17,00 €