A PITA XEFA

A PITA XEFA

LADO ÍNSUA, MARTA

15,40 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
BAIA EDICIONS
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-9995-381-6
Páginas:
34
Encuadernación:
Cartoné
15,40 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021)
O tribunal recoñeceu na obra:
“A temática axústase estritamente ás bases, criticando os roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos.
Enmárcase nun mundo animal-natureza co que é doado que se identifiquen as lectoras e lectores aos que vai dirixida, considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis que rexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo.
Abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto a utilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario.
O emprego do galego está moi coidado, presentando estruturas e léxico do noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e está ben adaptada a primeiras lectoras e lectores.
Trátase, á fin, dun texto rico en imaxes, o que favorecerá o traballo de ilustración da obra. Ambos rexistros, texto e imaxe, poderán perfectamente complementarse e dar lugar a un fermoso álbum ilustrado”.

Otros libros del autor

  • SIBILA E A MONSTRUOSA FESTA DO SAMAÍN
    LADO ÍNSUA, MARTA
    Como viven as familias vampiras? Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas preocupacións, medos e anceios? Que monstros herdamos do ideario popular? Disto e moito máis trata a divertida historia de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, que narra a visita dos parentes de Sibila ao cemiterio familiar da aldea para pasar tan sinalada celebración, ...
    No disponible

    10,00 €