MÉNDEZ, IAGO
Afinais dos anos noventa, Carmiña e Anselmo regresan a terras galegas
para pasar unha xubilación sen sobresaltos. Os seus dous fillos, xa entrados na trintena, semellan ter as súas vidas resoltas, un en Madrid e o outro
en Londres. Pero unha chamada telefónica de Suso, o maior, quebra a tranquilidade da que apenas comezaban a gozar. Os temores relacionados cos puntos
escuros do pasado mesturaranse cunha desgraza aínda maior que suporá un
duro golpe para a familia.
A forma de Célebes é unha novela que aborda temas como a adaptación a
ambientes novos e a situacións de dureza psicolóxica, así como as relacións dentro e fóra do núcleo familiar, as adiccións e as dificultades de comunicación; todo
nun hermético recanto do interior de Galicia a medio camiño entre o urbano e o
rural