FERNÁNDEZ LEICEAGA, XOAQUÍN
Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación.
A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados.
Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os
límites do convencionalmente esperable.
Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente
sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da
liberdade. Unha novela de intriga policial coa que Fernández Leiceaga indaga
nas raíces da sociedade actual. Amor, violencia, nación. As ilusións perdidas
acaban por dar forma á realidade.