Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA

397 resultados

  • ICARAS (PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022)
    LABRAÑA, CARLOS
    Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capac...
    Disponibilidad 2-3 días

    11,50 €

  • CONTAS DE BUXO
    FERNÁNDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán q...
    Disponibilidad 2-3 días

    14,70 €

  • AS VIDAS DO RIO
    TEIXEIRA RODRÍGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro d...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,50 €

  • (G).UBASUTE.(TEATRO)
    CARBALLEIRA, PAULA
    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademai...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,00 €

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do...
    Disponibilidad 2-3 días

    11,60 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponibilidad 2-3 días

    14,70 €

  • TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA, O
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...
    Disponibilidad 2-3 días

    16,70 €

  • (G).124.O PENSAMENTO POLITICO DE RAMON PIÑEIRO.(ENSAIO)
    RODRIGUEZ ALVAREZ, SERXIO MARIA
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: piñeirismo. O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende pre...
    Disponibilidad 2-3 días

    16,40 €

  • DOUTOR ZHIVAGO
    PASTERNIK, BORÍS
    Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de ...
    Disponibilidad 2-3 días

    34,00 €

  • GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL. CONVERSAS CON DANIEL HERMOSILLA
    ANTÓN, BAAMONDE
    En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas. Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí...
    Disponibilidad 3-10 días

    22,00 €

  • OS SEGREDOS DO BOSQUE DE BEN-CHO-SHEY
    LÓPEZ-BARXAS, PACO
    Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa Por que ten ese nome tan raro A quen lle gusta xogar á billarda En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos O bosque de Ben-Cho-Shey escond...
    Disponibilidad 2-3 días

    16,95 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (N.G.)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.” Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica. Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos o...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,20 €

  • A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES
    GONZALVO, LAURA
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. U...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,40 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...
    Disponibilidad 2-3 días

    16,45 €

  • ANTOLOXIA POETICA DE LABARTA POSE
    LABARTA POSE, ENRIQUE
    Enrique Labarta Pose cultivou todos os xéneros literarios e destacou como xornalista a finais do século XIX nas cidades de Santiago e Pontevedra. Nesta Antoloxía poética recóllense corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa, e moitos deles acadaron premio en distintos certames literarios da época. Botando man dunha pluralidade de voces poéticas, En...
    Disponibilidad 3-10 días

    19,50 €

  • A MÚSICA DOS VALLADARES
    BERNÁRDEZ, PABLO
    Na casa de Vilancosta (Berres, A Estrada) gardouse un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez (Marcial, Avelina e Serxio). Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros desta Casa Grande. Un legado de enorme valor. Este proxecto pretende contar a...
    Disponibilidad 2-3 días

    15,00 €

  • RETRATOS DE VODAS, PARTOS E FUNERAIS
    PENAS, SILVIA
    Asomarse a un retrato como quen busca na profundidade do espello esa outra que unha vez foi, será ou está sendo. Mirarse noutras mulleres que, coa boca chea de terra ou de auga, esparexen a memoria e o herdo, a beleza e a escuridade da ferida. Estes retratos rodeados de marcos ofrecen declaradamente un segmento para a fuxida, a constatación dunha fenda en cada foto tirada con p...
    Disponibilidad 3-10 días

    12,65 €

  • CLAUSTRO CORDA COMENSAL
    MERINO, SAMUEL
    A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema —claustro, corda, comensal— dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar. Estar sempre no limiar, estar ...
    Disponibilidad 3-10 días

    13,15 €

  • OS AFOGADOS (VII PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2023)
    J.RAÑALES, PABLO
    Premio Illa Nova de Narrativa 2023 Unha nova especie animal invadirá a Galicia do século XXI. Os afogados, uns seres compostos de cunchas, algas e navallas, emerxerán do máis fondo do Océano Atlántico e encherán todas e cada unha das praias. Transformarán as nosas paisaxes contemporáneas e retarán a sociedade galega con moitas preguntas: que queren?, a que agardan?, por que teñ...
    Disponibilidad 2-3 días

    21,15 €

  • CANDO NON SEI VOLVER
    RAMOS, BALDO
    hai libros que nos len, que nos percorren como camiños desandados, como ríos que nunca desembocan. un día volverás polas palabras que te atravesan e daquela entenderás por que o verbo volver só se conxuga en primeira persoa. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    18,00 €

  • SENTINELAS DA LUA CARMESI
    CASTRO, ANDRES / PEROZO, OZO
    Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un c...
    Disponibilidad 3-10 días

    15,00 €

  • AVELINO CABEZAS E OS SEUS IRMANS. UN RELATO DE NARON
    SEOANE, ANTÓN
    É esta "unha odisea", unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns, catro cativos de unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878. É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimiento e éxito comercial, honesto e solidar...
    Disponibilidad 2-3 días

    25,00 €

  • GROENLANDIA
    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023. Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o co...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,95 €

  • GUERRILEIRO@S ANTIFRANQUSITAS DA PROVINCIA DA CORUÑA
    MASCATO, ANTÓN
    Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos. É este un traballo rigoroso onde a autora acheg...
    Disponibilidad 3-10 días

    28,40 €

  • SOMOS HIP-HOP. FUNDAMENTOS, RAP, GRAFFITI, RUTNTABLISM E BEATBOX
    CASTIÑEIRA OLVEIRA, PABLO / BREY VAZQUEZ, DAVID
    Mentres a comunidade estadounidense da década de 1970 vibraba coa música funk e disco nos clubs de moda dos barrios ricos de Nova York, algo máxico estaba a piques de suceder nos guetos da periferia, onde comeza a xerminar un novo movemento sociocultural, artístico, reivindicativo e transgresor que en poucos anos chegaría a todos os recunchos do planeta… Falamos do movemento hi...
    Disponibilidad 3-10 días

    22,00 €

  • HERMILINDO ESBIRRA POEMAS
    SEÑARIS, PAULA
    Pronunciar palabras bonitas está totalmente prohibido no mundo mecánico. Por iso Hermilindo ten un grave problema: debe ocultar que esbirra versos que lle saen do seu corpo de latón. Un día próelle tanto o nariz que esbirra un poema enteiro diante de todos! Pobre Hermilindo, bótano do seu país por este delito! Pero o que non sabe é que, no seu desterro, descubrirá seres fantást...
    Disponibilidad 2-3 días

    11,40 €

  • OU AS DÚAS ESTAREDES MORTAS
    EYRÉ, XOSÉ M.
    Este libro conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se ti te decides a lelo, ou aínda máis, porque o caos é pérfido mentres ti non lle deas forma. Este libro tamén repite unhas cincuenta veces a palabra “ollo(s)”. Só ti estás en condicións de saber...
    Disponibilidad 2-3 días

    19,50 €

  • O PASO EN FALSO
    PERE PÉREZ
    Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade. O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política, existencial: un spleen cun sutil...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,60 €

  • O LIBRO SECRETO DA FILOSOFÍA
    CAROU, JOSÉ
    Atréveste a pensar? Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristóteles? Deixas que Simone de Beauvoir che explique por que “inventou” o feminismo…? Se contestas que si, abre O ...
    Disponibilidad 3-10 días

    15,50 €

  • AS ALMAS MORTAS
    GOGOL, NIKOLAI
    É Nikolai Gógol o fundador da gran tradición da literatura rusa e inspirador de moitos autores que o sucederon. En palabras de Dostoiesvki: “Todos saímos de embaixo do capote de Gógol”. A ambición do autor era retratar a Rusia toda nesta obra, nun argumento que lle foi proposto polo seu bo amigo e escritor Pushkin. A historia dun pequeno terratenente que se dedica a mercar labr...
    Disponibilidad 3-10 días

    25,00 €