PINGUEIRAS E TARTEIRAS

PINGUEIRAS E TARTEIRAS

GONZÁLEZ COSTA, TERESA

17,50 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-9914-003-2
Páginas:
80
Encuadernación:
Cartoné
17,50 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha "apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos". Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

Artículos relacionados

  • NIEVE
    ALONSO, ANA
    Aprende a disfrutar de una historia en formato teatral y a plantearte los dilemas medioambientales relacionados con el desarrollo sostenible. Breixo, Clara, Andrés y Paula viajan a Valdeteja para tratar de evitar que se construya una estación de esquí. Las obras acabarían con uno de los últimos hayedos de la zona y pondrían en peligro las especies endémicas de este valle de los...
    Disponibilidad 3-10 días

    10,95 €

  • NIN ME AMOLES
    CARREIRA, ANA
    Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila emerxe Nin, un trasno ou trasna, segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse ...
    Disponible en 1 semana

    15,50 €

  • MULTIVERSO SHAKESPEARE
    LÓPEZ, NANDO
    Obra de teatro para leer, representar, ¡y pasártelo en grande!Ha pasado un año. Ángel, Silvia y el resto de compañeros están en la ESO... ¡y tienen que volver a actuar! Lo malo es que Ena, la protagonista, ha desaparecido. Y ese es solo uno de los muchos problemas a los que tendrán que enfrentarse... Lo bueno es que compartirlos hace que todo sea más fácil. ...
    Disponible en 1 semana

    9,50 €

  • NANA PARA UN SOLDADO
    PEPABLO PATINHO PENYA
    Disponible en 1 semana

    15,00 €

Otros libros del autor

  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O ...
    Disponibilidad 2-3 días

    14,50 €

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a tod...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €