BLUE, BEATRICE
Sabes de onde sacan as bruxas os seus poderes?
Todo comezou nunha aldea máxica, onde unha cativa chamada Moira recibiu unha marabillosa reliquia máxica. Pero por máis que o intentaba, non era quen de facer brillar os seus poderes como o facía a súa amiga Lúa. As súas pocións non refulxían, os seus feitizos fracasaban e todo o que facía parecía saír mal.
Por sorte, cun chisco de axuda da súa amiga, Moira descubriu a forma de facer que a maxia que levaba dentro estalase.