ISERN, SUSANNA
Unha malvada ciclope está aterrorizando os mares e, aínda que ovalente príncipe do Reino do Sol decide detela, ela aprésao para facer unha boa sopa con el.O rei do Sol ofrecerá unha gran recompensa a quen ceibe o seu fillo.Moitos o intentan, pero ninguén o consigue, e corre a voz de que aciclope é invencible. Daniela e a tripulación do Caimán Negro cren que poden derrotala, pero a que terribles perigos terán que enfrontarse?