ALONSO, XURXO
«As vaidosas agonías», título en que se recolle unha epígrafe deGesualdo Bufalino, é un poemario que agroma durante a centena de díasque durou o confinamento e nace da experiencia dese feito insólito eterrible que sacode o mundo. Estes versos son anotacións desa viaxecomunitaria cara aos territorios da morte, unha exploración poéticasobre un inesperado tempo do medo e a súa constancia para adesolación. A voz poética, que tenta comunicarse cos ausentes no medio da confusión, é un fío de desalento que percorre o texto asíndose nobaleiro aos espellos da esperanza.