• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    UN HOME ESTRAÑO
    Título:
    UN HOME ESTRAÑO
    Subtítulo:
    Autor:
    TIZÓN, ANTONIO
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2018
    Materia
    Novela negra
    ISBN:
    978-84-9121-336-9
    Páginas:
    208
    Encuadernación:
    Bolsillo
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    Colección:
    Narrativa
    17,00 € Comprar

    Sinopsis

    O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
    Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, ?Un home estraño? é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
    ?Un home estraño? é a segunda entrega da serie, iniciada por ?A antesala luminosa? e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro & #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.

    Otros libros del autor