• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    TOPONIMIA DE CARBALLO
    Título:
    TOPONIMIA DE CARBALLO
    Subtítulo:
    Autor:
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Editorial:
    REAL ACADEMIA GALEGA
    Año de edición:
    2020
    ISBN:
    978-84-17807-05-4
    Páginas:
    204
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 días
    Colección:
    TERRA NOMEADA
    16,00 € Comprar

    Sinopsis

    A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.

    Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 6 desta colección, correspondente á toponimia de Carballo, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor. Nesta mesma colección é autor de Toponimima da Estrada (2018).