• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    TECERMOS REDES, CREARMOS COMUNIDADE
    Título:
    TECERMOS REDES, CREARMOS COMUNIDADE. ESTUDOS SOBRE A OBRA DE MARÍA REIMÓNDEZ
    Subtítulo:
    Autor:
    ÁNXELA LEMA PARÍS; ANDREA NUNES BRIÓNS
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2020
    ISBN:
    978-84-9121-676-6
    Páginas:
    304
    Encuadernación:
    Bolsillo
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 2-3 d
    24,00 € Comprar

    Sinopsis

    "Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez" é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez.
    O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.