• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    [RE] PENSAR A DEMOCRACIA
    Título:
    [RE] PENSAR A DEMOCRACIA
    Subtítulo:
    Autor:
     
    Editorial:
    OBENCOMUN
    Año de edición:
    2017
    ISBN:
    978-84-697-4104-7
    Páginas:
    160
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    15,00 € Comprar

    Sinopsis

    Transitamos cara a unha nova democracia ou, se se quere, unha nova conceptualización da democracia. Facémolo desde o ámbito local, no que o 15M sinalou claramente que camiñabamos sobre un modelo político esgotado hai tempo. E tamén no global, za que o contrato social da modernidade, como ben observou o profesor Sousa Santos, xa hai tempo que vén dixando fóra a un importante continxente social cada día máis amplo.
    neste volume abórdanse, ademais da razón filosófica (Juan C. González Naveiro), as seguintes razóns políticas: o proceso constituínte e a construción dunha nova democracia máis radical (Xoán Hermida); o rescate efectivo da democracia desde abaixo, desde os concellos (Laia Ortiz e Sergio de Maya); a pobreza global e as alternativas de contido feminista e poscolonial (Teresa Cunha); e para rematar, a xeito de epílogo, dos dereitos (e tamén das obrigas) da cidadanía, nomeadamente do dereito á cidade como extensión do dereito á felicidade (Luis Villares).
    Quizáis a cuestión democrática pasa por repensar todo, pola necesidade de recuperar o mellor da filosofía da praxe e darlle ao activismo osíxeno teórico. Con total seguridade, tal como afirma Fernández Naveiro, os primeiros liberais non foron precisamente demócratas entusiastas e foi a esquerda en xeral, e o marxismo nun primeiro momento, quen obrigou a incorporar estándares máis esixentes ás democracias. Pero tamén coa mesma seguridade, os herdeiros da esquerda política arrombaron con posterioridade os ideais democráticos e deixaron de crer na necesidade de coidar os seus mecanismos básicos, sen os cales non é posiblle evolucionar en democracias máis avanzadas.