• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    POETÍZATE
    Título:
    POETÍZATE. ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA
    Subtítulo:
    Autor:
    ALONSO, FRAN
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2017
    Materia
    Infantil - Juvenil
    ISBN:
    978-84-9914-250-0
    Páginas:
    224
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 2-3 días
    Colección:
    Fóra de xogo
    12,30 € Comprar

    Sinopsis

    A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.



    Espírito e contidos do libro

    Poetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.