• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
    Título:
    O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
    Subtítulo:
    Autor:
    RIVAS DOMÍNGUEZ, FRANCISCO
    Editorial:
    BAIA EDICIONS
    Año de edición:
    2019
    ISBN:
    978-84-9995-314-4
    Páginas:
    152
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    Colección:
    BAIA NARRATIVA
    12,00 € Comprar

    Sinopsis

    Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da ?Señorita de Lobeiras? e rematan coas ?Memorias do esqueleto Isolino?, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas.

    Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario.

    Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura.

    ***



    Deitou no lenzo pinceladas afervoadas? ardorosas? de afeites? de adobíos? E mesturou cores nun relanzo da brisa? co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises? Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada?

    A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares? Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza?

    El era a única voz.

    ? Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño? dos soños? Para que poidas soñar esperto?

    Durmido soña calquera.

    Otros libros del autor