• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    O MUNDO EN QUE VIVÍN (GALEGO)
    Título:
    O MUNDO EN QUE VIVÍN (GALEGO)
    Subtítulo:
    Autor:
    LOSA, ILSE
    Editorial:
    HERCULES EDICIONES
    Año de edición:
    2019
    Materia
    Infantil - Juvenil
    ISBN:
    978-84-949843-1-0
    Páginas:
    256
    Encuadernación:
    Bolsillo
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    15,00 € Comprar

    Sinopsis

    Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural
    dunha nena xudía en Alemaña –cara ao final da Primeira Guerra Mundial– ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria
    dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente.
    Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar“xusto enriba de nós”.
    Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simultaneamente
    sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á
    vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai,
    tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo
    case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mo zo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións).
    A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi
    singular e moi típico, que ben nos podería suceder.

    Otros libros del autor