Mentres se instala no hotel no que vai residir, o narrador anónimo
de O inferno, un mozo que acaba de chegar a París para incorporarse
ao seu novo emprego nun banco, descobre un burato na parede polo
que pode ver o cuarto do lado. A tentación de axexar logo se converte
en verdadeira obsesión, conforme o protagonista vai presenciando as
máis íntimas vivencias alleas.
Décadas antes de que Sartre afirmase que «o inferno son os outros»,
Henri Barbusse asumiu, en 1908, a tarefa de amosarnos ese inferno
nunha novela que serviría de inspiración (non sempre recoñecida) a
autores do calibre de Willa Cather, Borges ou do propio Sartre, e que
adquire nova relevancia nun tempo no que medios e redes sociais nos
ofrecen a oportunidade de converternos, como o protagonista da novela, en perpetuos espectadores da existencia allea.
Y recibe nuestras ofertas