• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    O GALO TRAGANOCES
    Título:
    O GALO TRAGANOCES
    Subtítulo:
    Autor:
    MEZQUITA ARNAIZ, ROBERTO
    Editorial:
    OQO EDITORA
    Año de edición:
    2011
    Materia
    Literatura Gallega
    ISBN:
    978-84-9871-321-3
    Páginas:
    36
    Encuadernación:
    Cartoné
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 días
    Colección:
    O
    13,50 € Comprar

    Sinopsis

    Un día, o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

    Deste xeito, comeza o periplo desesperado da galiña para salvar o seu querido amigo comellón. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo!

    Todos eles non dubidan en prestar a súa axuda. Rápidos colaboran nun traballo en equipo onde, a pesar das dificultades encadeadas, acaba triunfando a boa vontade e a solidariedade.

    Roberto Mezquita crea unha nova versión deste conto acumulativo estendido por toda Europa, coñecido como O pitiño da abeleira . Esta revisitación mantén intacto o texto encadeado na exposición da trama e desenlace. De igual xeito, conserva a estrutura repetitiva, propia dos contos da tradición oral que facilita que poida ser recordado e contado sen dificultades:

    -O galo papou noces a fartar e agora o pobre afoga por lambón.
    Axiña!, se o queremos axudar, un grolo de auga é a solución.

    Roberto Mezquita inspirouse na versión sueca. Á hora de enfrontarse a este traballo, o seu oficio de contacontos axudoulle a "acomodala" ao formato de álbum ilustrado sen que iso impida que a historia final poida "ser contada de viva voz e escoitada de viva orella do mellor xeito posible", como sempre se fixo con este tipo de relatos de tradición oral.

    En todo caso, durante este proceso de adaptación, incorporáronse detalles novos que, como en todas as versións, enriquecen a historia tradicional. Desta forma, os coñecedores do conto teñen aseguradas sorpresas tanto no texto coma nas ilustracións de Bernardo Carvalho, cheas de humor.

    Tras varias colaboracións con OQO editora (Mariluz Avestruz, Rita, Macario Dromedario e Zalgum), desta vez sorpréndenos cunha técnica na que os elementos e personaxes aparecen deseñados como manchas de cor transparentes que se mesturan entre si, excepto o galo que, como protagonista, e aínda sendo tamén transparente, goza dun tratamento totalmente contrario ao resto dos personaxes, xa que é o único que está feito a liña, menos a crista e as barbadelas, pintadas dun vermello intenso.

    Deste xeito, conséguese que as imaxes gañen forza e expresividade. No entanto, neste tipo de traballos a dificultade reside en "manter a harmonía" entre as diferentes liñas das imaxes, xa que, de non ser así, córrese o risco de que as ilustracións queden "caóticas e desordenadas", aclara Carvalho.

    Todo o contrario, a proposta de ilustración é orixinal e coherente. Achega aire fresco, necesario para volver dar vida ―como consegue a galiña co galo― a relatos tan coñecidos. Por este motivo, non nos cansamos de reencontrarnos con eles, como sempre ocorre cunha boa historia.