• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    MORTOS DE NINGURES
    Título:
    MORTOS DE NINGURES
    Subtítulo:
    Autor:
    PERELEDI
    Editorial:
    EVEREST
    Año de edición:
    2011
    Materia
    Infantil - Juvenil
    ISBN:
    978-84-403-1178-8
    Páginas:
    128
    Encuadernación:
    Otros
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 días
    Colección:
    Punto de Encontro
    9,25 € Comprar

    Sinopsis

    ¿O sangue é vermello?

    Ata a aparición daquel cadáver a inspectora Nola sempre pensou que si.

    Na última semana, en Todures apareceron mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures.

    ¿Por que todos eran ningurenses? ¿Cantas persoas máis ían morrer? ¿Por que o sangue daquel cadáver era verde? ¿Que se agochaba tras aquilo?

    Á inspectora Nola amólalle non dar contestado os interrogantes. Por iso se fixo investigadora: para non deixar ningunha pregunta voando no aire.

    En "Mortos de Ningures", coa axuda do seu inseparable gato Lolo, Nola porá toda a súa vontade en resolver este enigmático caso. Pero isto non é garantía de éxito. Ás veces, malia os esforzos, malia o empeño, algúns casos non se dan resolto.





    ********************



    PERELEDI

    Esta novela está escrita a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas. Pere naceu en Barcelona e actualmente vive en Rois. Escribe en catalán, galego e castelán. Con corenta obras publicadas nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e do resto do estado, este autor só se dedica á escrita. Ledicia é de Vigo. Poeta e narradora, escribe desde moi nova. De feito, con 17 anos publicou a novela xuvenil "Unha estrela no vento". A súa produción poética é abundante e está recollida en diferentes publicacións colectivas.

    Otros libros del autor