• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    MERLÍN E FAMILIA
    Título:
    MERLÍN E FAMILIA
    Subtítulo:
    Autor:
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    Editorial:
    EDITORIAL GALAXIA
    Año de edición:
    2009
    Materia
    Literatura Gallega
    ISBN:
    978-84-8288-637-4
    Páginas:
    144
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 2-3 días
    Colección:
    BIBLIOTECA ALVARO CUNQUEIRO
    15,75 € Comprar

    Sinopsis

    O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.



    Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.






    Titulares de prensa
















    CADERNOS GRIAL. NADAL 2005. 50 ANOS CON MERLÍN E FAMILIA

    A maxia de Merlín.





    O sempre gratificante paseo pola obra cunqueiriana ten na edición de Grial. Nadal 2005 un claro referente: 50 anos con Merlín e familia. Dende o ano 1955, data na que a case recén estreada Editorial Galaxia publica este excepcional libro, moitas edicións se teñen sucedido e moitos son os comentarios realizados en torno a tan singular obra; singular polo contexto no que xorde e singular tamén pola interpretación que recibe.





    Transcorridos cincuenta anos da súa publicación pensouse facer -unha exposición que deixara memoria, e o tempo dirá-máis, polo de pronto, máis de 60.000 persoas achegáronse ao Museo do Pobo Galego en Compostela para visitar as tres galerías onde a Editorial Galaxia celebraba os cincuenta anos da edición do primeiro título de narrativa de Cunqueiro.





    E para que conste por escrito esta homenaxe, Grial, Cadernos recolle nun volume especial de finais de 2005 a modo de prólogo datos e impresións da citada exposición, oito artigos que asinan diferentes autores e que amosan momentos da vida-obra cunqueiriana e fotografías, debuxos e ilustracións de Fausto Isorna que acompañan aos textos.





    A parte fundamental do volume contitúena os artigos que dunha ou outra forma achéganos retallos da forma de vivir e de entender o mundo dun dos autores máis significativos das letras galegas. Dolores Vilavedra imaxina a publicación do Merlín e familia como a "súpeta aparición dun fulgurante cometa no ceo opaco da Galicia dos 50" e que supón o nacemento de Cunqueiro como narrador en galego. Francisco Fernández del Riego, Carlos Casares e Ramón Piñeiro aproveitan a súa relación de amizade co escritor para escudriñar no seu interior e amosar a sensibilidade do mindoniense para coa súa terra eo mundo en xeral.





    Victoria Cirlot profundiza na esencia do "mito e novela na tradición artúrica" e a través del entendemos o devir histórico deste tipo de temática. Xosé Miranda e Ramón Loureiro centran a súa atención na interpretación desta parte da obra de Cunqueiro na que se insire Merlín e familia e que ten que ver co marabilloso e coa imaxinación.





    Diríamos que os artigos apuntan basicamente en dúas direccións: na do texto propiamente dito e na personalidade de Álvaro Cunqueiro, ofrecen unha visión excepcional do xenial escritor da literatura non só galega e española, senón do século XX.





    María Navarro


    Faro de Vigo. Faro da Cultura