• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    MADE IN GALIZA
    Título:
    MADE IN GALIZA
    Subtítulo:
    Autor:
    GONZÁLEZ SENDE, XOSÉ LUÍS
    Editorial:
    EDITORIAL GALAXIA
    Año de edición:
    2007
    Materia
    Literatura Gallega
    ISBN:
    978-84-7154-091-1
    Páginas:
    160
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 2-3 días
    Colección:
    Literaria
    14,75 € Comprar

    Sinopsis

    Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.



    Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.





    Podes ver aquí a presentación de Made in Galiza na feira do libro de Vigo, a cargo de Séchu Sende, Carlos Santiago, Carlos Lema e o Galiza Pulgas Circus.






    Titulares de prensa
















    MADE IN GALIZA

    Non sei se este Made in Galiza (Editorial Galaxia, Vigo 2007, de Séchu Sende) vai ser o libro do ano. Se lles digo a verdade, a miña, non teño outra, tampouco me importaría que o fose.Porque é cousa moi seria, moi ben escrita (cunha economía expresiva que manda nabo), reflexiva, con misturas de ensaio e ficción, que se pode ler aos poucos (tamén pouco a pouco) e aos moitos (a grandes grolos, igualmente), que divirte e conmove, que fai pensar, que -mágoa- un lamenta que remate, porque como cantaban Los Módulos, "todo tiene su fin".





    E podería seguir argumentando a prol dun libro do que botei man por razóns profesionais mais que axiña pasou ser unha desas lecturas voluntarias ou ventureiras, como os gatos dos que falaba antes e que axiña mudan nos meus "Pet Sounds". Ou sons favoritos, o que pasa é que "pet" vale en inglés tamén para mascota ou animal de compaña. Cuspidiño ao que me acontece cos libros que escollo para que veñan comigo ao corazón do verán.





    Outros son eles os que me escollen, así Made in Galiza de Sende; fórmula maxistral, como esa prescripción farmacéutica que no seu libro aparece máis con aplicación idiomática, lóxica nun volume no que o idioma é cerne, protagonista, razón e causa (a parte de que haxa algunha outra historia máis leviá).





    E o libro de Sende, co seu aquel de Jonathan Swift, polo irónico, mais tamén polo que o padronés ten de "pamphleteer" que non de panfletario, vai servir para empurrar do galego, ese idioma, xa saben, que anda a asoballar ao español por terra, mar e aire. Ao español e, isto aínda é máis grave, ao inglés porque - como non ignoran- a aprendizaxe da nosa lingua atranca o "learning" do idioma anglicano. Xa verán cando o saiban nos EE.UU.; vannos deixar sen queixo marelo ou leite en pó, aquilo que se tomaba nas escolas do país cando o galego estaba proscrito. Agora que anda coller un pouco de aire non mareen, hom.





    Por iso, agora sen retranca, e antes de que tamén teñamos que dicir en cuestións de idioma, "Agora xa foi, Marica non chores", quero recomendar este libro de Séchu Sende. Unha das mellores cousas do que vai de ano; aire fresquiño nun debate actual.





    Vicente Araguas


    Domingo 26 de agosto de 2007


    El Correo Gallego