• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I. DAS ORIXES A 1853
    Título:
    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I. DAS ORIXES A 1853. DAS ORIXES A 1853
    Subtítulo:
    Autor:
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2013
    ISBN:
    978-84-9914-551-8
    Páginas:
    440
    Encuadernación:
    Otros
    Disponibilidad:
    Disponible en 1 semana
    Colección:
    OBRAS DE REFERENCIA>XERAIS UNIVERSITARIA
    25,00 € Comprar

    Sinopsis

    Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora.
    Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d?A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.