• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    FLOREANO
    Título:
    FLOREANO. ALQUILANSE BORRACHOS PARA FESTAS
    Subtítulo:
    Autor:
    GOGUE
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2017
    ISBN:
    978-84-9121-217-1
    Páginas:
    216
    Encuadernación:
    Cartoné
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    17,50 € Comprar

    Sinopsis

    Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en ?Faro de Vigo? na súa sección ?Floreano? organizadas en tres apartados: ?De mulleres, chiñas, rubias e varios?, ?De curas, monseñores e eminensias? e ?De tasas, viños e loureiros?. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, ?Floreano, My Way?, limiar de Alberto Avendaño, director de ?Tiempo Latino?.

    ?Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do ?Faro de Vigo? e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais ?cerebro, lingua e outras partes brandas? para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)
    Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous ?que non falamos galego normativo? erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!
    Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.?
    Do limiar de Alberto Avendaño

    Otros libros del autor

    HISTORIAS FLOREÁNICAS II
    Titulo del libro
    HISTORIAS FLOREÁNICAS II
    GOGUE