Reúnense neste volume artigos e ensaios curtos publicados en distintos xornais
e revistas e que Anxo A. Rei Ballesteros escribiu entre os anos 1979 e
2006. O pensador e autor de Tempo e vinganza e o novelista que deu ao
prelo Non sei cando nos veremos cadran nestes escritos coa mesma afouteza, capacidade
de penetración e atrevemento en desmontar o convencional que o escritor
amosaba adoito na súa vida e na súa obra. A relación entre fala e poesía, o vencello
entre literatura e silencio, a pintura e o teatro, a estética do obsceno, unha memoria
“inmemorial” e, ao cabo, unha “exaltación da peste”, son algúns dos asuntos que
raiolan neste libro de pezas breves nas que reflexión e arte traman unha conspiración
contra o obvio para iluminar sen suprimir a escuridade.
Y recibe nuestras ofertas