• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
    Título:
    DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
    Subtítulo:
    Autor:
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2018
    ISBN:
    978-84-9782-233-6
    Páginas:
    128
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponible en 1 semana
    16,15 € Comprar

    Sinopsis

    A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro.
    A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.