Sobre a obra
Tras un revés financeiro na súa brillante carreira empresarial, ao que deseguida se suma unha crise cardíaca, David Golder, un rico empresario xudeu, epítome do home feito a si mesmo, comproba que o cariño que lle profesan a súa muller e a súa filla depende directamente do saldo da súa conta bancaria. Arruinado, enfermo e só, trata de recuperar parte dese cariño cun derradeiro negocio.
Publicada en 1929, David Golder é a primeira novela de Irène Némirovsky e valeulle o recoñecemento inmediato entre o público e a crítica de Francia. Con só 26 anos, a autora revelábase capaz de ofrecer unha voz cargada de intensidade, sinxeleza e precisión, e unha ollada incisiva da que ningún dos personaxes da historia sae indemne.
Y recibe nuestras ofertas