• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
    Título:
    AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO. DO CASO QUE LLE ACONTECEU
    Subtítulo:
    Autor:
    JORGE EMILIO BOVEDA
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2018
    ISBN:
    978-84-9121-305-5
    Páginas:
    168
    Encuadernación:
    Bolsillo
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    Colección:
    Narrativa
    16,85 € Comprar

    Sinopsis

    Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia?
    Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en " Asasinato no centro comercial " e continuadas en " A morte vén en chancletas " .
    « " As sete mortes de Leopoldo Pardo " é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez)
    «Unha revisión moderna do " Divino Sainete " , unha homenaxe secreta á novela " Drácula " , chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)