• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    AS HUMANAS PROPORCIÓNS
    Título:
    AS HUMANAS PROPORCIÓNS
    Subtítulo:
    Autor:
    CONSTELA, XESÚS
    Editorial:
    EDITORIAL GALAXIA
    Año de edición:
    2004
    Materia
    Literatura Gallega
    ISBN:
    978-84-8288-721-0
    Páginas:
    156
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 días
    Colección:
    Literaria
    14,75 € Comprar

    Sinopsis

    Premio Torrente Ballester, 2004


    Premio da Crítica Española, 2004






    Unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre.



    Gañador da última edición do Premio Torrente Ballester de Narrativa, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio Ponte Far, este libro de relatos é «unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre». Con As humanas proporcións, libro de relatos de Xesús Constela Doce, descóbrese un autor inédito ata o de agora. O libro nace do vencello farturento entre literatura e imaxinación creadora. Nel xorde un novo territorio narrativo para a literatura galega, cunha linguaxe diferente, arriscada e efectiva, que engaiola e convence co poder dun gran fabulador. Xesús Constela Doce descobre unha dimensión nova do mundo cotián. O seu xeito de narrar ancórase na realidade inmediata para, con inusitada imaxinación, desvelar novas perspectivas narrativas en ámbitos moi variados da vida humana. As humanas proporcións configuran unha proposta literaria que ha sorprender o lector ou lectora pola súa facilidade para desmontar as convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal.






    Titulares de prensa
















    AS HUMANAS PROPORCIÓNS

    En dous dos relatos o concepto de humanidade rebasa os hoxe difusos lindes do xénero-sexo masculino eou feminino. Son dous relatos que semellan divertimentos, un deles ("Algarismos") inclusive leva no subtítulo esa mesma palabra. Nel patentízase a importancia, ou a ditadura, dos números na vida dunha parella; un tema do que circulan bastantes versións que sempre nos debuxan un sorriso, sorriso que agacha a certidume de sabernos vítimas e indefensos.


    Xosé M. Eyré.


    A Nosa Terra, do 16 ao 22 de decembro de 2004.