• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN
    Título:
    AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN
    Subtítulo:
    Autor:
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2001
    Materia
    Infantil - Juvenil
    ISBN:
    978-84-8302-608-3
    Páginas:
    160
    Encuadernación:
    Otros
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 2-3 días
    Colección:
    Fóra de xogo
    12,30 € Comprar

    Sinopsis

    Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento.
    Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección ?Fóra de Xogo?, obtivo un unánime recoñecemento da crítica:
    ?Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide? (O Correo Galego).
    ?Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario? (Xián Xaneiro, CLIJ)
    ?A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a ?fábrica dos soños? do ser humano non vai morrer xamais? (Xoán Acuña, Atlántico diario).