WOOLF, VIRGINIA
Unha mañá de xuño, Clarissa Dalloway, unha señora de clase
alta, sae mercar flores para a festa que vai dar esa noite na súa
residencia de Londres. Ese mesmo día, noutro punto da cidade,
Septimus Warren Smith, un veterano de guerra de clase traballadora,
atópase no límite da loucura. As vidas de ambos corren
paralelas até rozarse levemente durante a festa de Clarissa
nunha narración na que seguimos a experiencia dos protagonistas
desde o centro mesmo da súa conciencia.